Ourense | 18.09.2024 12:22
O grupo municipal socialista no Concello de Ourense reclama ó goberno de Pérez Jácome que se adhira ó mecanismo estatal de pago a proveedores para que poidan cobrar o 14 de outubro.
A edil María Fernández declarou que o executivo local ten moitos problemas de xestión e con elo moitas débedas sen saldar xa que segundo o último informe de tesoureiría hai adebedados 11 millóns de euros con un periodo medio de pago de 140 días.
Creen que o goberno de Democracia Ourensana non optará por esta medida que axilizaría os tempos por que "o único que lles interesa é seguir facendo as cousas ó través de contratos menores ou directamente sen contrato, vía telefónica".