Ourense | 10.09.2024 11:51
O grupo municipal socialista no Concello de Ourense pide ó goberno local de Democracia Ourensana que non deixe morrer o servizo de "Xantar na Casa" como xa fixo co de "Comedor sobre rodas".
A voceira municipal do PSdeG-PSOE, Natalia González sinala que "é imprescindible ofertalo e xestionalo axeitadamente a nivel municipal para que non acabe desaparecendo por completo en pouco tempo".
Para a socialista o programa "Xantar na Casa" da Xunta de Galicia "é un parche de peor calidade que serve como bypass para manter con respiración asistida ó antigo "Comedor sobre rodas", pero que "non aporta todo o osíxeno que precisa unha poboación coas características de envellecemento e dependencia como é a ourensá".