O grupo provincial do Psoe presentou hoxe unha moción na deputación de Ourense para que a corporación se posicione a prol da federación galega de municipios e provincias e apoie as emendas ao proxecto de reforma local. Os socialistas queren ademáis que no vindeiro pleno, o presidente da institución, o popular Manuel Baltar aclare o seu posicionamento sobre o que consideran é un “atropelo ao municipalismo” e o “desmantelamento dos concellos do rural”. Dende o grupo provincial do Psoe lembran que na última asamblea da FEGAMP, Baltar Blanco nen acudíu nen delegou o seu voto.