Ourense |
Os socialistas ourensáns reclamarán á Xunta de Galicia e ó Concello de Ourense que se apliquen no desenvolvemento dos barrios así como en dar resposta ás súas demandas.
A secretaria da agrupación municipal socialista, Natalia González e a deputada nacional Marga Martín mantiveron unha reunión con representantes de diversas asociacións veciñais para abordar asuntos como o paso a nivel de Peliquín ou a problemática orixinada pola ocupación das naves de Adif na rúa Río Arnoia.
Asemade, no caso do centro de saúde para o barrio do Vinteún, piden, ó través dunha enmenda aos orzamentos da Xunta, que sexan atendidas as demandas desta zona da cidade, anque creen que "o PP non amosa ningún interese por sacar adiante este proxecto".