Ourense | 24.09.2024 16:00
O grupo municipal do PSOE no Concello de Ourense di que non hai efectivos para cumprir co peche dos parques infantís anunciado por Jácome a partir das 22 horas en época escolar.
A edil Alba Iglesias engade que non hai ningún tipo de informe que o avale como tampouco planificación de como vai a levarse a cabo, calificando a medida de “toque de queda”.
A mesma edil engade a elo que o goberno local ten paralizado o viveiro municipal e que a política municipal está sendo a do cemento por zonas verdes.