Ourense |
O grupo municipal socialista no Concello de Ourense considera "unha oportunidade perdida" o novo prego para a adxudicación do servizo municipal de transportes, criticando que non se tiveran presentes as verdadeiras necesidades da poboación.
A voceira socialista, Natalia González califica a proposta publicada como un "bypass" redactado "de xeito unilateral, sen participación veciñal e sen contar co resto de partidos na oposición" e lembra que nel non se fai mención algunha á gratuidade promerida polo Alcalde Pérez Jácome.
Lembra a socialista que o goberno de Democracia Orensana "xa comezou a casa polo tellado" coa adquisición previa de 40 novos autobuses que custaron 14 millóns de euros e que a día de hoxe non funcionan ó cento por cento xa que moitos deles sofren avarías ou non pasan a ITV. Engade tamén que os trens das termas seguen desaparecidos e que non hai estacións de recarga para os novos vehículos eléctricos.