PSOE e BNG non se entenden para unha moción de censura en Viana
Os socialistas insisten en gobernar un ano cada un

2 de abril de 2025
Ourense |
Os socialistas en Viana ofrecen un pacto de goberno para que prospere unha moción de censura contra o popular Andrés Montesinos, ó que acusan; como os nacionalistas; de desgoberno.
O acordo pasaría por repartirse a Alcaldía un ano o PSdeG-PSOE e outro ano o BNG, pero os nacionalistas non aceptan si non son eles os que gobernan os dous anos.
O voceiro socialista en Viana do Bolo, Germán García, compareceu para dar conta dos últimos acontecementos e para reiterar o ofrecemento que, de non ser aceptado, permitiría ó PP evita-la moción de censura e seguir gobernando.