Psoe e Bng consensuaron esta mañá no concello de Ourense seguir adiante co actual plan de emprego municipal que terá un financiamento de 3 millons de euros. Para sortear o informe do interventor que advertiu de que o documento está en fraude de lei o concelleiro socialista José Angel Barquero anunciou que se fará unha modificación orzamentaria en 2014 que logo se levará a un pleno extraordinario. O nacionalista, Xosé Somoza restou importancia ás obxeccións do interventor aos microcréditos que contempla o plan de emprego e incidiu en que o importante é que se respete o acordo da mesa polo emprego. O voceiro do grupo municipal do PP no concello de Ourense pediulle ao alcalde socialista Agustín Fernández e ao edil de facenda, José Angel Vázquez Barquero "que se vaian pola" sua nefasta xestión que ao entender do voceiro Rosendo Fernández é a responsable do novo reparo do interventor municipal sobre o plan de emprego. Os populares insisten en que están pola labor de apoiar o plan pero no que non haxa un financiamento "ilegal". Pola sua banda o edil de democracia ourensana, Gonzalo Jácome sinalou que non respaldarán ilegalidades e amosouse excéptico ca solución adoptada por PSOE e BNG . Asemade calificou coma "aberrantes" as medidas contempladas no plan de emprego.