Tradicións

A provincia de Ourense respira Entroido polos catro costados

Unha trintena de citas para este martes de Entroido

Paco Sarria

Ourense |

A provincia de Ourense respira Entroido polos catro costados
A provincia de Ourense respira Entroido polos catro costados | wikipedia

Martes de Entroidos na provincia con festa e desfiles de comparsas e máscaras tradicionais en 30 localizacións diferentes.

Na cidade tivo lugar en As Eiroás a tradicional Voda da Pinta; pola tarde haberá música e reparto de dez mil orellas doces na zona vella e en Seixalvo día grande con Paquita e Nicanor, con Vicentiño, como protagonistas cumprindo un rito do que os levará a fomentar a natalidade o próximo ano descansando no domicilio dunha parella neste núcleo etnográfico.

Fora da capital a salientar en Laza a lectura do Testamento do burro, así como os desfiles de comparsas, Cigarróns e Pantallas en Verin e Xinzo de Limia, e desfiles tamén en O Barco, Lobios, Maceda, Poboa de Trives ou A Valenzá.

En Allariz concurso de comparsas esta tarde, e noutras localidades como A Veiga ou Manzaneda, teñen lugar, xantares populares.