Política

Proposta de suspensión temporal de militancia para o Alcalde do Carballiño

Os socialistas galegos inician a apertura du expedente disciplinario

Paco Sarria

Ourense | 05.09.2024 09:35

Proposta de suspensión temporal de militancia para o Alcalde do Carballiño | La Voz de Galicia

A dirección dos socialistas galegos acordou comezar a apertura dun expedente disciplinario ó militante e Alcalde do Carballiño, Francisco Fumega por promover e levar a efecto un acordo de goberno non autorizado polo partido con representantes do PP, o que conducíu a un pacto de gobernabilidade que dará a Alcaldía ós populares o derradeiro ano de mandato.

En base a elo a dirección socialista solicita a suspensión temporal de militancia de Fumega, que é ademáis secretario da agrupación municipal.

Resta por ver agora si será aplicada a mesma medida ó resto de edís do grupo socialista carballiñés e entre os que se atopa o tamén deputado provincial Diego Fernández.