Ourense |
A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, coñeceu da man do Alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, proxectos deste concello entre os que figura a participación do mesmo na IV Edición do Festival Espírito Ribeiro. Trátase dun escaparate deseñado para a promoción do viño ourensán desta denominación de orixe como tamén dos productos locais.
Compre lembrar que xunto co concello de Castrelo de Miño participan nesta iniciativa os concellos de Cenlle e Arnoia.
Para os organizadores, xornadas destas características facilitan o acceso de productores a un espazo expositivo para os seus productos, favorecendo os circuítos curtos de comercialización.