Presentado o anteproxecto do primeiro hotel Balneario de Ourense
Terá zona termal interior e exterior e 40 habitacións
Ourense | 13.08.2024 09:03
O Concello de Ourense recibíu o anteproxecto do primeiro Hotel Balneario que terá a cidade e que será construido en terreos de As Caldas.
O promotor é o empresario eólico Gregorio Álvarez, quen explicou que pretende crear un espazo de experiencias e lecer, para o desfrute saudable dun recurso termal.
Álvarez falou das características do proxecto que constará de zona balnearia interior e exterior, 40 habitacións e unha zona de restauración. A idea é que comece a construirse o ano próximo
Pola sua parte o arquitecto, Álvaro Varela, explicou que a idea é crear unha zona colectiva e de termas exteriores, unha primeira planta para tratamentos individuais e unha segunda, terceira e cuarta para os aloxamentos; boa parte deles con vistas ó río Miño
Asemade o edificio, en opinión do seu deseñador, pretende ser tamén por ubicación e alturas, unha construcción icónica para a cidade