Música

O Pop Rock alternativo regresa a Expourense

Los Enemigos ou Teenage no cartel desta edición

Paco Sarria

Ourense | 12.09.2024 10:54

O Pop Rock alternativo regresa a Expourense | onda cero ourense

A terceira edición do Our Fest regresa este sábado ó recinto feiral de Expourense co mellor Pop Rock alternativo. Grupos domo Los Enemigos, Caballo Prieto, Azabache ou Teenage Fanclub estarán sobre o escenario ourensá nunha vibrante xornada na que se dan cita diversidade de estilos.

A proposta compleméntase con sesións de Isaac Pedrouzo Dj durante toda a xornada.

As entradas están á venda ó prezo de 40 euros máis gastos de xestión en ataquilla.com e en ourfest.gal