Ourense |
Os lumes forestais que cercaron Verin no 2022 chegan a xuicio esta semana.
A Fiscalía pide para a acusada e veciña deste concello, de 53 anos, 6 anos de cárcere e unha indemnización que supera o millón de euros.
Fora identificada xunto ó seu coche e está acusada de ocasionar perto de 20 focos que rodearon a vila e que queimaron perto de mil hectáreas os días 3 e 4 de agosto de aquel ano.
A maior parte da indemnización (máis de medio millón de euros) serían para facer fronte ós gastos da Xunta de Galicia cos servizos de extinción.