Perto de 23 mil hectáreas ardidas en Ourense na última vaga de lumes
Chandrexa de Queixa, Oimbra e Maceda os concellos máis afectados
Ourense |
A provincia de Ourense segue asolada polo lume e imos camiño das 23 mil hectáreas ardidas dende a fin de semana con un balance que supera a superficie queimada, xa que temos un brigadista de 18 anos ferido de gravidade con queimaduras no 60 por cento do corpo. Ducias de desaloxados e futuro incerto para sectores como o gandeiro na montaña.
As autoridades centran os seus discursos na intencionalidade en queimar o monte e no despregue de medios pero as voces críticas falan de mala xestión do monte.
De tal xeito, os colectivos ambientalistas agrupados baixo o epígrafe Lumes Nunca Máis, convocaron para as oito e media desta tarde unha concentración na praza Maior da cidade.
Chegamos a este xoves con máis de 21 mil hectáreas ardidas dende a fin de semana, concentrándose 9500 nos lumes de Requeixo e Parafita en Chandrexa de Queixa onde ademáis dos servizos de extinción colabora a UME.
O segundo lume en importancia é o de A Granxa, en Oimbra, que tamén continúa activo afectando a 5 mil hectáreas.
Outras 4 mil hectáreas arderon en A Esculqueira, no concello de A Mezquita.
E 1700 van ardidas en Santiso, concello de Maceda.
Outro lume activo é o de Vilar de Cervos en Vilardevós.
E en Seadur, Larouco, van calcinadas 150 hectáreas.
Esto en canto ós activos a esta hora.
Estabilizados están os de Seixalbo, na cidade, con 100 hectáreas.
O de Castro Escuadro en Maceda, con 450.
O de Mormentelos en Vilariño de Conso con 180 hectáreas. O de Paredes en Montederramo con 120 e o de Moialde en Vilardevós con outras 40.
E controlados están o de Mourazos en Verin con 9 hectáreas ardidas.
A vaga de lumes provocou a suspensión da liña ferroviaria entre Madrid e Galicia que foi restablecida esta mañá, voltando a interrumpirse horas despois.