Ourense |
O Parlamento de Galicia aprobou unha proposta do grupo socialista para urxir á Xunta a que consensúe un Plan Funcional para a Praza de Abastos número 1 de Ourense co Concello e cos praceiros.
A parlamentaria ourensá, Carmen Rodríguez Dacosta emprazou ó executivo galego a “pechar un acordo” co correspondente compromiso económico e tamén a coordenarse parfa continuar coa segunda fase das obras.
Dacosta tamén calificou como “gravísimo” que a voceira do PP se vanagloriara de que os orzamentos da Xunta para o ano próximo supostamente inclúan unha partida para esa actuación demandada polos socialistas, antes de que os presupostos sexan presentados na Cámara galega.