Lumes

Ourense sen lumes activos tra-la visita dos Reis de España

Todos os lumes da provincia están controlados

Paco Sarria

Ourense |

Ourense sen lumes activos tra-la visita dos Reis de España | paco sarria

A chegada das chuvias dan un respiro á loita contra o lume na provincia de Ourense onde non quedan lumes activos, anque si controlados.

Dando a vaga por rematada despois de 21 días a superficie queimada en conxunto iguala á superficie queimada nos últimos nove anos, o que nos da unha idea da magnitude do desastre que afectou soamente en Valdeorras a 10 concellos con un lume activo 10 días no que arderon 30 mil hectáreas segundo as estimacións oficiais.

Onte os Reis de España, Felipe e Letizia, tiveron ocasión de coñecer unha pequena parte de esa desfeita na zona de Cualedro e Monterrei, onde escoitaron ós veciños, agradeceron o labor dos equipos de extinción e falaron da ensinanza que todo esto debe deixarnos para o futuro.

Hoxe, o Consello da Xunta de Galicia reúnese con carácter extraordinario para aprobar en Ourense as axudas que van a poder solicitarse dende o sábado e que pretenden ser de trámite sinxelo e priorizar a reconstrucción.

Cos lumes controlados quedan tamén outros efectos colateráis como o caso do vertedeiro de A Rúa, fumeante, e que levou á movilización automovilística dos veciños pola bisbarra valdeorresa.