Ourense |
Chegou un ano máis o sorteo de Nadal no que moitos depositamos ilusión e unha maioría recibirá frustración un ano máis.
Con todo en Ourense non somos dos que máis investimos neste sorteo, anque é certo que mercamos moita lotería fora, como en Onda Cero contou Jorge Anta quen anticipou a media de gasto por habitante, que é de 61 euros.
As terminacións favoritas foron novamente as do 5 e o 7 e á hora de mercar lotería fora, Valencia, pola dana do ano pasado, voltou a ser un dos lugares elexidos para mercar décimos, así como localidades nas que este verán houbo lumes forestais.
Para o ano próximo os loteiros seguirán loitando por mellorar as condicións das administracións e por incrementar o prezo dos décimos e tamén dos premios.
Para Anta alomenos conseguiuse que o debate chegase ó Senado.