Municipal

O PP de Ourense pide ó Concello medidas para adaptarnos ó cambio climático

Medidas como habilitar refuxios climáticos

Paco Sarria

Ourense |

Inmaculada Moreiras
Inmaculada Moreiras | onda cero ourense

A edil Inmaculada Moreiras lembra que as axudas do goberno galego permiten aumentar a biodiversidade dos espazos urbanos, prantar novas especies autóctonas, instalar pavimentos naturais para atenuar o efecto “illa de calor”, imprantar novos espazos abertos, crear xardíns verticais e mellorar entornos verdes e paseos fluviais.

Lembran que xa solicitaron en maio pasado vía moción, estas e outras medidas como a instalación de elementos textiles para facer sombra nas rúas peonís ou aumentar a dotación de fontes para o consumo público.

Tamén demandan os populares poñer en marcha programas preventivos para diminuir o impacto das altas temperaturas xa que en ocasións superamos os 40 graos centígrados.