Sucesos

Ourensáns estafados con altas rendabilidades inexistentes

Estiman o total das estafas en 325 mil euros

Paco Sarria

Ourense |

Equipo @ de la Guardia Civil | Guardia Civil de Cantabria

A Garda Civil de Ourense detivo a un veciño da cidade por un presunto delicto de estafa de máis de 325 mil euros de perxuizo patrimonial no marco da Operación Maxiplann a que se investiga unha presunta trama relacionada coa captación de fondos mediante presuntos productos de investimento e seguros que ofrecían elevadas rendabilidades.

O modus operandi estaba baseado en gañarse a confianza dos clientes de xeito continuado no tempo e na apariencia profesional.

Segundo as pescudas, as persoas afectadas terían realizado diversas aportacións económicas para supostos depósitos en productos financieiros con rendabilidades que oscilaban entre os 3,95 o o 7,40% anual.

En algún caso as aportacións prolongáronse no tempo varios anos mediante transferencias bancarias e cando un dos afectados solicitou o rescate de máis de 46 mil euros recibíu xustificantes de transferencias que nunca se terían realizado ó seu favor.

Noutros casos tampouco terían sido tramitadas as pólizas de creto que os damnificados creían contratadas.

A investigación continúa aberta e non se descartan novas persoas afectadas.