Ourense |
O grupo municipal socialista esixe a demisión de Gonzalo Pérez Jácome tra-la sentencia que o condena por acoso laboral a un traballador municipal.
Lembran que a sentenza do xulgado do social considera a conducta do rexidor constitutiva de acoso no traballo fronte ó interventor municipal considerando nulo seu cese.
Pola sua parte os nacionalistas consideran que a nulidade do cese do interventor revela que os nacionalistas estaban no certo cando advertiron da sua ilegalidade e de que respostaba ás intencións do Alcalde de silenciar a quen fiscaliza “a nefasta xestión económica do concello”, declarou o nacionalista Luis Seara.
Dende o PP rexeitan as prácticas de acoso e hostigamento ós traballadores municipais e preguntan si a indemnización de 30 euros será pagada polo Alcalde ou polos ourensáns.