Municipal

A oposición municipal en Ourense critica o proxecto de RPT

Os sindicatos convocado polo Alcalde para o día 14

Paco Sarria

Ourense |

A oposición municipal en Ourense critica o proxecto de RPT | Onda Cero Ourense

A oposición municipal rexeita a Relación de Postos de Traballo que o goberno local de Pérez Jácome pretende aprobar.

Os socialistas sosteñen que con esta RPT o Alcalde trata de a administración pública e de precarizar o emprego da plantilla municipal.

A socialista María Fernández mantén que o proxecto non garante os dereitos laboráis e salienta a eliminación das xefaturas de servicio, a inexistencia da creación de novas prazas ou a ausencia total dunha estructura funcional que serva para mellorar a calidade dos servizos prestados ós cidadáns.

Para Fernández o proxecto da RPT pon de manifestó tamén a inquina do Alcalde para cos funcionarios.

Pola sua parte o grupo municipal do PP denuncia irregularidades e falla de negociación .

A edil Sonia Ogando considera irregular a modificación das bases do proceso de estabilización que xa foron publicadas e que están a contratarse conserxes para centros educativos ó marxe da lista oficial e ó través de empresas de traballo temporal.

O Alcalde convocou ós representantes sindicais para o 14 de agosto.

E o BNG alerta do peche da oficina de Rehabilitación.

Explican que na modificación da RPT non se inclúen os postos de traballo de esta oficina.

Os nacionalistas insisten na importancia de este departamento para o desenvolvemento de programas como os Aris, a recuperación do núcleo de Seixalvo ou a captación de subvencións.