Narcotráfico

Operación Chakras contra o tráfico de estupefacientes

Intervida unha cantidade importante de cocaína a 2 detidos

Paco Sarria

Ourense |

Operación Chakras contra o tráfico de estupefacientes | onda cero ourense

O Grupo de Estupefacientes da Brigada Provincial da Policía Xudicial de Ourense detivo a duas persoas (irmáns) no marco dunha operación contra o narcotráfico.

Trátase dun operativo a media escala comezado en novembro pasado e que deu como resultado a incautación de cocaína (estimada en 2 kilogramos) tra-los rexistros realizados en dous domicilios e un garaxe.

A policía atribúe a ambos irmáns (hosteleiros) a intermediación no tráfico de drogas.

No operativo foron intervidos útis para a cocaína, cartos en metálico e 3 motocicletas de gran cilindrada, así como 3 vehículos de alta gama.

Ambos detidos pasaron a disposición do xulgado de instrucción número 2 de Ourense.