Ourense |
Voltou o lume a Trevinca esta fin de semana e máis concretamente á parroquia de Casaio en Carballeda de Valdeorras, onde as lapas calcinaron desta volta 850 hectáreas.
O lume, xa estabilizado, comezou no entorno de Valborraz, onde están os restos da mina de Wolframio da II Guerra Mundial explotadas polos alemáns e o vento fixo que se expandira con rapidez.
As lapas tamén danaron parte do Teixadal (o bosque máis antiguo de Galicia).