Ourense |
A reunión do chamado Pacto da Concordia convocado polo Partido Socialista rematou con unha idea clara. A moción de censura contra Pérez Jácome soamente sairá adiante si o Alcalde ou Alcaldesa resultante é socialista.
É o plantexamento do BNG para prestar o seu imprescindible apoio, segundo expresou o nacionalista Xosé Manuel Puga
Unha proposta que para os populares foi frívola e radical, en palabras da edil Noelia Pérez, mentres que os socialistas foron máis positivos por que houbo moitos puntos de encontro, segundo a voceira Natalia González.
Os socialistas, como promotores da iniciativa, convocarán novamente ós representantes populares e nacionalistas a unha nova reunión que previsiblemente terá lugar este próximo xoves e tamén no Liceo de Ourense.