Turismo

A nova edición do Turismo Gastronómico anima a visitar as zonas castigadas polo lume

O programa vai do 19 de setembro ó 21 de decembro

Paco Sarria

Ourense |

A nova edición do Turismo Gastronómico anima a visitar as zonas castigadas polo lume | onda cero ourense

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles presentou unha nova edición do Outono Gastronómico que este ano alcanza a 19ª entrega dunha proposta que pretende “dinamizar o turismo rural combinado a gastronomía coa oferta de casas rurais en meses fóra de tempada alta” e animou a que este ano os usuarios opten sobre todo por establecementos das zonas do rural galego que resultaron afectadas polo lume este verán. Xosé Merelles visitou o Retiro do Conde, en Monterrei, un dos establecementos participantes no programa.

Nesta edición participan 78 establecementos de toda Galicia, dos cales 21 están na provincia da Coruña; 22 en Lugo; 16 en Ourense; e 19 en Pontevedra e de todos eles, 11 en concellos afectados polos incendios este verán, o que supón o 14% do total. Neste sentido, Xosé Merelles expresou o seu desexo de que o público en xeral se solidarice coas zonas afectadas polo lume este verán e opten por establecementos situados nestes concellos. “É unha boa fórmula para axudar a recuperar a actividade económica nesta contorna, ao tempo que permite coñecer tamén a oferta global de turismo rural da comunidade”, dixo.