XantarA Xunta salienta o protagonismo de Xantar na gastronomía galega
O Salón internacional de turismo gastronómico dedica a súa 22º edición á promoción da gastronomía no Camiño de Santiago. O vicepresidente primeiro da Xunta salientou que a feira é “o mellor escaparate” para animar aos turistas a visitar Galicia con motivo do Xacobeo.
O salón gastronómico, a entender de Rueda, será un pulo máis na consolidación do turismo en Galicia de cara ao 2022, logo de pechar un verán no que a comunidade autónoma foi líder na recuperación turística e despois dunha Ponte de Todos os Santos na que os establecementos hoteleiros rozaron o cen por cen de ocupación.
Óscar Gómez
Ourense | 03.11.2021 13:16