Emerxencias Locais

A Xunta reforza o equipamento de diversos GES coao entrega de vehículos

Diego Calvo, participou na cesión de autobombas rurais pesadas aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais con sede na Estrada, A Pontenova, Avión, Muíños e no Barco de Valdeorras, e de furgóns de servizos varios aos que a teñen en Lalín, O Pereiro de Aguiar e Terras de Celanova.

Onda Cero Ourense

Ourense |

A Xunta reforza o equipamento de diversos GES coao entrega de vehículos | Xunta de Galicia

As autobombas rurais pesadas, valoradas cada unha delas en 270.000 euros, dispoñen de cisterna con capacidade para 3.500 litros, bomba contra incendios que permite o lanzamento de auga tanto con baixa como con alta presión e carrete de primeiro socorro con mangueira semirríxida e lanza de alta presión, entre outras prestacións. Pola súa banda, os furgóns de servizos varios supoñen un custo unitario de máis de 117.000 euros e van equipados cun equipo de bomba de alta presión, batelumes, lanzas profesionais, serra sabre, mochilas extintoras, cámara térmica e un kit de material específico para rescates en altura, entre outros elementos.

O equipamento permitirá mellorar a eficacia das intervencións dos grupos nos concellos da Estrada, Forcarei, Teo e Vedra, así como nos de Lalín, Agolada, Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra. No caso da provincia de Lugo, as localidades de actuación son A Pontenova, A Pastoriza, Lourenzá, Meira, Riotorto e Trabada.

En Ourense, os GES que reciben o material danlle cobertura a Avión, Beariz e Boborás; a Muíños, Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios e Porqueira; ao Pereiro de Aguiar, Barbadás, Coles, Nogueira de Ramuín, San Cibrao das Viñas e Taboadela; a Celanova, A Bola, Cartelle, Gomesende, A Merca, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea; e ao Barco de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.

Diego Calvo lembrou o importante esforzo realizado pola Xunta nos últimos anos para dotar os efectivos dos servizos de emerxencias dos concellos galegos dos recursos necesarios co obxectivo de que poidan levar a cabo as súas actuacións en condicións de seguridade, contribuíndo ademais a unha maior eficacia na atención das incidencias e nos seus tempos de resposta.