A Xunta de persoal do Concello de Ourense acordou propoñer unha xornada de folga de traballadores municipais coincidindo co Samaín e duas concentracións previas para reclamarlle ao alcalde, Gonzalo Jácome que retome as negociacións en materia laboral e cumpla co plan de estabilización, pague as horas extra e pluses pendentes e remate ca sua actitude "desprezativa" aos empregados públicos.
O acordo sindical na Xunta de Persoal foi "unánime" fixando a primeira das novas concentracións o xoves á unha e media coincidindo ca celebración da Xunta de Goberno Local e outra o día 16 ás oito da tarde diante da Subdelegación do Goberno. Xa o 31 plantexaránlle aos traballadores e traballadoras que secunden unha xornada de folga coincidindo ca celebración do Samaín.
Dende a xunta de persoal, Javier Nóvoa do sindicato CSIF lembraba en Más de Uno Ourense que "son medidas ás que se ben obrigados a chegar" ante a falta de diálogo e contínuos incumplimentos por parte do alcalde.
Mentres axentes da policia local de Ourense acordaban renunciar a facer as horas extra "vontarias2 nos turnos nocturnos da fin de semana namentres non cobren as horas e pluses adebedados, unha medida á que tamén teñen previsto sumarse traballadores doutros servizos por decisión propia, algo que confirmaban tamén dende a xunta de persoal onde lamentaban que haxa pagos pendentes dende hai máis dun ano polo que utilizando palabras do propio rexedor eles "tamén están ate os collóns".