Cultura

A Xunta leva a Ribadavia a exposición de Rúa "Botemos un baile"

‘Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia’ enmárcase nas itinerancias expositivas do Gaiás, que nutren outros lugares da Comunidade de produtos culturais.

Onda Cero Ourense

Ourense |

A Xunta leva a Ribadavia a exposición de Rúa "Botemos un baile" | onda cero

Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia nace dunha exposición que acolleu a Biblioteca de Galicia en 2023 e fai un repaso a un tema con fonda pegada na sociedade galega, pero pouco analizado academicamente. Neste senso, Anxo M. Lorenzo celebra “unha homenaxe visual e documental coa que a Xunta de Galicia que pon en valor a verbena como parte esencial da identidade galega contemporánea, unha viaxe emocional e sonora que reivindica estas festas como símbolo da nosa idiosincrasia, con pasado, presente e moito futuro”.

Un século de orquestras de verbena en Galicia

A mostra baseouse nun estudo da Universidade de Santiago titulado Do palco ao escenario, coordinado por Xaime Fandiño e do que son partícipes Zósimo López e Henrique Neira, comisarios desta exposición. Cun deseño de Fausto Isorna, conta a evolución da verbena galega ao longo dun século amosando imaxes de programas de festas, fotografías e, sobre todo, carteis de estilos moi diferentes. A través destas pezas pódese apreciar a adaptación a cada época dun xeito de lecer arraigado en Galicia, cun tecido económico propio do sector, en constante desenvolvemento e innovación.

As verbenas galegas adquiriron personalidade propia ao longo do século XX, vendo como as gaitas do país e as bandas de música incorporaron ritmos importados de América como o charleston, o fox-trot ou o jazz. A súa expansión consolidouse tras a Guerra Civil, coa recuperación das festas de barrios nos anos 40, e viviu un grande auxe nos 80 grazas á visibilidade da Radio e Televisión de Galicia.

Nos anos 90, o sector afrontou unha crise marcada pola competencia das discotecas e macroconcertos, que obrigou ás orquestras a reinventarse cun enfoque centrado no espectáculo. Entre 2012 e 2019, adaptáronse aos gustos da mocidade e renovaron os seus formatos. A pandemia de 2020 supuxo un novo reto, pero tamén deu paso a propostas musicais que reivindican a verbena como parte esencial da identidade cultural galega.

Client Challenge