RESIDENCIA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA EN OURENSE

A Xunta de Goberno do Concello dá "un paso máis" aprobando a licencia urbanística do edificio

O goberno municipal ourensá deu luz verde á licencia de obra para esta nova residencia de Maiores. O PP sinala que anque chega tarde, foi grazas á sua presión.

Jesús Álvarez

Ourense |

Edificio Fundación Amancio Ortega | Fundación Amancio Ortega

A Xunta de Goberno do Concello de Ourense aprobou a licencia urbanística de obra para o proxecto básico e execución do edificio para a construcción a residencia de maiores da Fundación Amancio Ortega que está previsto construir na estrada de Vigo (nos antiguos terreos da estación de autobuses) cun orzamento próximo aos 19 millóns de euros. Para o goberno municipal trátase “dun paso máis” para desenvolver este importante proxecto.

Mentres dende o Partido popular aseguran que foi "decisiva" a "presión" que fixeron e que se esta infraestructura chega máis tarde a Ourense que ao resto de Galicia é porque “tanto BNG coma Psoe se opuxeron pleno tras pleno, ate catro vece,s ao cambio de uso da parcela”. Así o indicou nun comunicado a edil popula. Sonia Ogando que expresa a “ledicia” do PP por ver que se vai facer realidade a pesar dos “impedimentos”.

Para Sonia Ogando cúmplese o afirmado “que os populares non pararía ate lograr o obxetivo anque chegue tres anos mmais tarde”.

Lembran os populares que a residencia ofrecerá 120 prazas para usuarios e creará 110 postos de traballo directos.