DeportesA Xunta dota o Concello de San Cibrao da Viñas dun espazo de Workout
Lete Lasa destacou a importancia deste espazo workout ante o gran crecemento que están a ter os deportes urbanos e asegurou que ademais do basket 3x3, o skate ou o breaking dance, cada día son máis os rapaces e rapazas que practican calistenia nas rúas e nos parques.
A Secretaría Xeral para o Deporte afianza así o seu compromiso coas infraestruturas deportivas. Dos 32.474.216 euros cos que conta en 2021 (un 28,5% máis que en 2020), 9,15 millóns serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva, un 118% máis que en 2020 cando se destinou ao mesmo obxecto 4,2 millóns de euros.
Óscar Gómez
Ourense | 03.11.2021 18:10