EmpleoA Xunta abre unha liña de axudas para traballadores afectados por Ertes da Covid-19
O Goberno galego entregará 500 euros por persoa beneficiaria que teña permanecido un mínimo de doce meses en ERTE a causa da covid-19, inda que fose interrompido, e con rendementos declarados no IRPF do ano 20 que non excedan de 14.000 euros
Poden acceder as axudas persoas traballadoras por conta allea, incluídas as fixas descontinuas ou socias traballadoras de sociedades laborais e cooperativas. O prazo de solicitude abrirase dende o 24 de setembro, e permanecerá aberto ata o 23 de outubro.
Óscar Gómez
Ourense | 24.09.2021 08:08