Concello de Allariz

XIII edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz abrirá as portas da súa décimo terceira edición este sábado, día 13 de maio ás 19:00h. Como xa é costume, antes da ponte das Letras Galegas, o Festival Internacional de Xardíns de Allariz abre as súas portas.

Óscar Gómez

Ourense | 09.05.2023 10:55

XIII edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz | onda cero

Baixo o tema central “A volta ao mundo en once xardíns”, o Festival, que poderá ser visitado ata finais de outubro, alberga doce xardíns efémeros seleccionados entre case trinta propostas recibidas dende diferentes puntos da xeografía mundial. Destes doce, dez xardíns entran en concurso a través da votación do público que visita anualmente o recinto. Móstranse, ademais, o xardíns gañador do ano pasado, o madrileño Camiño do recordo e o xardín deseñado polo alumnado dos centros docentes de Allariz, CEIP e IES.

Paisaxistas galegos, cataláns, italianos, mexicanos, colombianos, madrileños, granadinos, canarios e ata polacos participan nesta edición na que os visitantes poderán gozar de espazos dedicados a diferentes culturas, territorios, vexetacións...

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz converteuse nunha cita consolidada no panorama paisaxístico e referente a nivel estatal por ser o único con estas características, polo que pasan, de maio a outubro, preto de 40.000 visitantes