O vindeiro venres xornada sobre Intelixencia Artificial
A charla, gratuíta con previa inscrición en modalidade presencial e online, analizará as oportunidades, regulación e medos sobre a IA.
- O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza unha xornada sobre “Intelixencia Artificial: Oportunidades, regulación e medos”, en colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e Pintos&Salgado Abogados. A sesión celebrarase o vindeiro venres, 30 de xuño, de 10:00 a 11:30 horas na sede da confederación empresarial en Ourense (Praza das Damas, 1) en modalidade presencial e online.
Esta charla forma parte dun ciclo de conferencias que arrincará o venres en Ourense para achegar a Intelixencia Artificial (IA) ao sector empresarial e ao público en xeral interesado nesta disciplina das ciencias da computación.
A presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, presentará a sesión na que intervirán o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o avogado Víctor Salgado, socio director da firma referente en Galicia de dereito TIC, Pintos & Salgado Abogados, que achegarán aos asistentes a IA como unha nova expectativa na empresa, abordando a cuestión desde diferentes perspectivas.
A xornada é gratuíta con previa inscrición no seguinte enlace https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdyIV7nX3lKhWNSxYFNBbNe_rV8VkHJs1Vx0kbAugR-3BUAwA/viewform