Elecciones Xunta de Galicia

Villarino "Pedro Sánchez viu a Ouresne a arroupar a 10.000 autonomos"

O PSdeG-PSOE insiste na necesidade de “incrementar os fondos” que a Deputación destina aos afectados pola pandemia e a ofrecer axudas “sen privilexios” xa que “non hai autónomos de primeira e de segunda"

Óscar Gómez

Ourense | 30.06.2020 08:12

Rafa Villarino | onda cero

O secretario xeral do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafa Villarino, defendeu hoxe axudas a autónomos e pemes en igualdade de condicións e sen privilexios porque “non hai autónomos de primeira e de segunda”. Así mesmo recordou ao presidente da Deputación, Manuel Baltar, que “Pedro Sánchez viu a Ourense a arroupar a máis de 10.000 autónomos da provincia que cobran axudas mensuais do Goberno central desde marzo, ante a absoluta inacción da Deputación, a Xunta e o Concello de Ourense que os deixaron ao borde do precipicio durante os últimos meses”.

Villarino insiste na necesidade de “incrementar os fondos”, tal como defenderon na Deputación no pleno de maio, e de ofrecer axudas “sen privilexios”. “O Partido Socialista quere garantir a legalidade e a igualdade no acceso a estas prestacións”, aseverou antes de recordar as decenas de millóns que o Goberno central está a destinar aos afectados de Ourense: “é o traballo máis importante que está a facer o PSOE e o principal obxectivo dos socialistas” fronte a un modelo do PP que xa coñecemos da anterior crise: o sálvase quien pueda.

Os socialistas denunciaron prácticas irregulares do goberno provincial de PP e DO, polo que solicitaron unha comisión de investigación. “Os paso información que me mandó el alcalde [de Ribadavia]”. Con esta frase comezaba unha das numerosas mensaxes difundidas en chats coas que cargos públicos do PP próximos a Baltar “traficaron” con información a semana anterior á publicación no BOP das bases de subvencións a pemes. Xunto á mensaxe achegaban documentos reservados da xunta de goberno que non son de acceso público.

Ao mesmo tempo tamén publicaron en redes sociais, días antes de saír no BOP, información privilexiada errónea, o que provocou que 683 solicitudes foran rexistradas fóra de prazo, feito que pode provocar a súa nulidade. Ante estes feitos tamén pediron á Deputación os mecanismos e trámites administrativos necesarios para solventar os problemas ocasionados ós afectados e afectadas, sen recibir apoio por parte do goberno bipartito.