Ante a decisión dos órganos da dirección do PSdeG e do PSOE de suspender as primarias na cidade de Ourense, e designar como candidato á alcaldía desta cidade a Francisco Rodríguez, Rafa Villarino considera oportuno non continuar como voceiro municipal do grupo socialista no concello de Ourense, pois a designación dun novo candidato debe corresponderse coa dun novo portavoz que transmita as súas directrices políticas ao grupo municipal no seo da actual corporación ata que remate o actual mandato e con vistas ás vindeiras municipais.
"Como socialista estiven, estou a estaréi ao dispor do partido e da nova portavocía na cidade, coa debida lealdade, compromiso e respecto" comentou Rafa Villarino. Quen quere amosar, finalmente, a súa gratitude polo recoñecemento percibido cara ao traballo feito, e pola confianza e o agarimo depositados na súa persoa ao longo dos anos nos que tivo a honra de ser voceiro do grupo socialista no concello de Ourense.
"Como socialista traballei, e seguirei a traballar, na mellora das condicións de vida na nosa terra".
Rafa Villarino esta seguro que co esforzo de toda a militancia socialista brindarese o futuro que a xente de Ourense desexa e merece.