Urxen o remate das obras da rúa da Granxa
A rúa da Granxa segue en obras, e o BNG pide o seu remate.
Ourense |
O Bloque Nacionalista Galego urxe á Xunta de Galicia o remate inmediato das obras da rúa da Granxa na cidade de Ourense.
paralización ou ralentización extraordinaria na execución das obras
O deputado do BNG, Iago Tabarés, denuncia a "paralización ou ralentización extraordinaria na execución das obras" o que está a provocar un importante incremento do risco de siniestralidade viaria, razón pola que esixen a inmediata conclusión dos traballos.
Trátase dunha rúa de titularidade autonómica na que nos últimos meses ten habido un importante número de sinistros viarios, con feridos de consideración e mesmo falecidos.
Lembra Tabarés que "transcorridos oito meses do inicio das obras demandadas polos veciños, a incompleta execuvión das mesmas está a agravar esta situación de perigo para os usuarios da devandita estrada".