O CHUO NA VANGARADA DO TRATAMENTO DO CANCRO DE PRÓSTATA

Unha nova técnica permite tratar en cinco sesións o que antes se facía en meses

O innovador tratamento realízase grazas aos dous novos aceleradores de última xeración con avanzadas tecnoloxías que melloran a calidade de vida

Jesús Álvarez

Ourense |

Especialistas de Oncoloxía do CHUO | SERGAS

O Complexo Hospitalario de Ourense sitúase á vangarda no tratamento de cancro de próstata aplicando dende este mes de decembro unha técnica innovadora de Radioterapia. O tratamento mediante a técnica de RADIOTERAPIA ESTEREOTÁCTICA CORPORAL está indicado en pacientes con cancro de próstata en estadío precoz e permite a administracion de doses altamente precisas en só 5 sesións (que antes eran de un ou dous meses) ofrecendo según o Sergas resultados prometedores en termos de eficacia e calidade de vida mediante a utilización dos dous novos aceleradores lineais de última xeración.

Segundo os profesionais do servizo oncoloxico do CHUO a implementación deste novo tratamento é "un paso significativo na loita contra o cancro de próstata" e permite ofrecer un tratamento "menos invasivo"con menores molestias para o paciente". O tratamento é guiado por imaxe polo que é preciso colocar uns "marcadores radiopacos" que van dentro da próstata.