Unha multitudinaria manifestación de empregados municipais pedíu a demisión de Jácome
Segunda xornada de folga de traballadores do Concello de Ourense que se manifestaron polas rúa da capital esixindo ao alcalde "respeto" e "diálogo".
A capital ourensá viviu hoxe a segunda xornada de folga inédita de empregados do Concello de Ourense contra o alcalde Gonzalo Jácome polas faltas de "respeto " e a "ausencia de diálogo" sobre os problemas laborais. Máis de catrocentas persoas, incluidos representantes políticos dos partidos da oposición, se mobilizaron nunha manfestación que percorreu as ruas céntricas da capital baixo o lema "concello solución" e na que en reiteradas ocasión solicitaron a "demisión" do rexedor". Os manifestantes cortaton o tráfico ao seu paso dende a subdelegación do goberno ate a praza maior facendo unha parada diante da deputacion onde lanzaron convites ao presidente da institución e do PP Luis Menor para que inflúa na resolución do conflicto con frases coma "bótalle ovos".
A protesta discurriu pacificamente anque entre petardos, botes de fume lanzados por un grupo de bombeiros indignados e tamén se escoitaron berros de cabreo de traballadores e traballadoras que según o presidente da Xunta de persoal, Javier Nóvoa responderon masivamente neste segundo día de folga no que os cinco sindicatos convocantes cifraron o paro en perto do 90% .
Segundo afirmou o presidente da xunta de persoal dende a anterior xornada de folga apenas houbo cambios para atender as reivindicacións agás nuns pagos de complementos de febreiro ou subas ás que obriga o estado.
Dende a Xunta de Persoal aseguraron que se cumpliron os servizos mínimos e adiantaron que esta semana volverán a reunirse os traballadores para decidir as seguintes medidas de presión se non hai cambios por parte do goberno local.