Unha comitiva formada por 300 participantes, con grupos musicais, batucadas e espectáculos de animación acompañará este xoves, día 5 de xaneiro, os Reis Magos na súa visita á cidade de Ourense, con motivo da celebración da tradicional Cabalgata.
Os Reis Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán á estación de Ourense en tren de alta velocidade ás 17.30 horas. Posteriormente, realizarán a súa ruta pola cidade para saudar os nenos e as nenas de Ourense, repartindo ao seu paso un total de 4.000 kilos de caramelos. A comitiva avanzará pola Avenida das Caldas, a rúa do Progreso e a Alameda, para rematar na Praza Maior. Alí terá lugar, a partir das 19.30 horas, a recepción ás Súas Maxestades, que saudarán a rapazada asistente.
Dispositivo de tráfico
A realización da cabalgata requirirá pechar ao tráfico rodado as rúas polas que discorre o seu percorrido, e outras da súa contorna. O Concello de Ourense solicita desculpas polas molestias que poida ocasionar e solicita ás persoas condutoras que utilicen itinerarios alternativos nos seus desprazamentos.
O dispositivo deseñado pola Policía Local prevé:
Ás 15:30 horas pecharanse á circulación de vehículos:
Avenida das Caldas
Rúa Eulogio Gomez Franqueira, desde San Pedro Mezonzo ata a Avenida de Marín, na glorieta de Vicente Risco.
Xesús Pousa con San Rosendo e San Froilán
Basilio Álvarez, á altura da glorieta da Ponte do Milenio en dirección á avenida das Caldas
Avenida de Santiago, con desvío de tráfico por Rey Soto.
Rúa Francisca Herrera, en dirección á Avenida de Santiago
Rúa Ribeiriño, desde José Antonio Moretón
Rúa Ribeira de Canedo, desde a glorieta da Ponte Nova
Ás 16:30 horas procederase ao corte de tráfico do resto do circuíto.
Desvíos de tráfico
O tráfico procedente da rúa Pardo de Cela desviarase en dirección á Ponte do Milenio. O procedente da Avenida da Habana, Sáenz Díez e Samuel Eiján, cara a Curros Enríquez. Cortarase o acceso a Xoán XXIII á altura de la intersección coa rúa Concello. Na Avenida de Zamora, en dirección centro, cortarase o acceso de vehículos á altura do Xardín do Posío, sendo desviado cara Marcelo Macías, e o tráfico procedente de Marcelo Macías, cara a Avenida de Zamora
O itinerario para acceder a urxencias do Punto de Atención Continuada (PAC) da rúa Concello será pola Avenida da Habana