Atletismo

Tres records galegos na pista cuberta de Expourense

Importante fin de semana a nivel atlético o vivido en Expourense ca disputa de interesantísimos campionatos, entre os que destaca o Sub18 desenvolto o sábado e que nos deixaba a consecución de tres récords galegos da man de Aitana Capeáns, Hugo Casañas e Aarón Pérez.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Tres records galegos na pista cuberta de Expourense
Tres records galegos na pista cuberta de Expourense | onda cero ourense

Sobre o círculo de peso foi onde se concentrou parte dos pratos fortes deste campionato ca participación do plusmarquista de España Hugo Casañas. O pontevedrés nas ringleiras do Ourense Atletismo, volveo demostrar que está chamado a ser un dos referentes do atletismo galego de futuro. En Expourense, e estreando categoría, lanzaba ata os 19.61 m. que representan un novo récord galego liderando ademáis o ranking de España. Sen abandoar o círculo de peso, a tamén atleta do Ourense Atletismo e campioa de España Sub16 do ano pasado Aitana Capeáns, sumábase a esta festa lanzando ata os 14.74 m. e logrando de igual modo un récord galego Sub18 da modalidade.

Outro dos importantes valores do noso deporte, desta ocasión da velocidade, Aaron Pérez do ADAS CUP, xubilaba ta táboa de récords os 6.98 que desde o ano 1993 mantiña como récord galego Pablo Pérez Mayobre. O subcampión de España dos 100 m. Sub16 do ano pasado lograba parar o reloxo nuns excelentes 6.95 que o sitúan ademáis de terceiro no ranking de España.

No resto de probas, compre salientar os triunfos da campioa galega absoluta Paula Conde do Lucus Caixa Rural tanto nos 60 m. como nos 200 m. A lucense cumplía os prognósticos ao lograr o título galego con 7.73 na proba curta da velocidade, e entrar por diante dunha formidable Arancha Vázquez do Ourense Atletismo que marcaba 7.78. En homes tamén foron destacados os 7.03 de Eloy Vázquez do Barbanza que lle daban o subcampionato galego sobre esta mesma proba ao igual que sobre os 200 m. con 22.35 realizaba do atleta do Celta Adrián Bernardez, revalidando o título do ano pasado nestas mesmas instalacións.

No medio fondo e fondo, a excelente campioa de España Sabela Martínez da Gimnástica, repetía título nos 800 logrando 2:12.46 que a sitúan ao fronte do ranking nacional desta proba. Tamén resultou moi interesante a proba feminina dos 1.500 m. na que unha Eva Rouco do Lucus lograba a medalla de ouro con 4:37.76 sendo Paula Fernández da Gimnástica prata con 4:39.17.

Continuando cas distancias longas, os 3.000 m. tiveron nunha recuperada Sabela Castelo do Ourense Atletismo, a súa protagnista. A campioa de España volvía novamente a demostrar a súa gran calidade para lograr un cómodo título cuns moi salientables 9:46.65 que a colocan ao fronte do ranking de España.

Nos valos a factoría do Marineda Atlético continúa dando dando alegrías a este sector. Desta vez era Manuel Vázquez o que se proclamaba campión galego cun rexistro a ter moi en conta de 8.11.

Nos concursos de saltos, Gael Couñago do CAR de Redondela, foi unhas das sorpresas deste edición ao chegar nada menos que ata a barreira dos 2.00 metros sobre o listón de altura que o sitúan de coolider do ranking de España desta proba. Sobre ese mesmo listón, a bronce de España indoor en Sabadell do ano pasado, Iria Solera do Ourense Atletismo, continúa progresando nesta modalidade a onde esta fin de semana chegaba ata os 1.74 m.

Por último, os fosos de area viron como Martín Bazán do Marineda At. en lonxitude e Tesfayé Chao da At. A Silva en triplo, proclamabanse campións autonómicos grazas aos seus 6.56 m. e 13.69 m. respectivos.