MÁS DE UNO OURENSE

O textil rexeita un convenio estatal e pide nas ruas "blindar os convenios galegos"

Traballadores e traballadoras do sector textil ourensán protagonizaron novas protestas en Ourense contra o preacordo do convenio estatal ARTE

Jesús Álvarez

Ourense |

Traballadoras do textil mobilízanse en Ourense | Onda Cero Ourense

Traballadores e traballadoras do sector textil ourensán regresaban as mobilizacions para tentar frear a sinatura dun convenio estatal (ARTE) que aseguran seria lesivo para as aproximadamente 3500 persoas deste sector en Ourense.

Un grupo formado maioritariamente por traballadoras percorría as rúas centricas da capital deténdose ás portas de establecementos comerciais coma Zara da rúa do paseo onde berraban "Convenios aquí e non en Madrid" e puñan un precinto simbólico pedindo a quenes acudian esta mañá ao seu posto de traballo que se sumasen ás protestas. Unha das voceiras, Verónica Guerra reclamaba "blindar convenios galegos e locais" e denunciaba que o preacordo que pretende ratificarse en Madrid o luns 20 "supón a perda da antigüidade e outros dereitos". Guerra tamén se laiaba da "falta de información sobre os 15 puntos principais que contempla o convenio" e avanzaba que as protestas irán a máis se se chega a asinar o convenio estatal.