MAS DE UNO OURENSE

"Termalismo con estrelas", nova campaña da Deputación de Ourense de termalismo e gastronomia

O presidente da Deputación de Ourense Luis Menor presentou unha nova campaña de impulso do termalismo e a gastronomía na oficina termal do Ave que en 2026 recibiu 55000 visitas

Jesús Álvarez

Ourense |

"Termalismo con estrelas", nova campaña da Deputación de Ourense de termalismo e gastronomia | Deputación Ourense

Perto de 55.000 persoas pasaron pola oficina de turismo termal da Deputación de Ourense na estación do Ave da capital no seu primeiro ano de funcionamento según sinalaba o presidente da institución, Luís Menor na presentación dunha nova campaña de promoción do termalismo para este ano 2026 na que se mexturarán ofertas de descanso e disfrute nos balnearios da provincia coa gastronomía dos tres restaurantes "estrela michelin" baixo o lema "Termalismo con estrelas". Para Menor a iniciativa é un paso máis a engadir aos programas exitosos coma o de "termalismo social, contra a soidade non desexada, nómadas dixitais ou ternadal" que permitiron desestacionalizar a apertura dos balnearios.

Luis Menor agarda superar este ano os 60.000 visitantes na oficina termal do ave. Ademais está convencido de que na provincia está a haber "avances" aos que se suman a inclusión do Balneario de Allariz nos circuitos termais, a adquisición privada do Balneario de Molgas ao que augura "un futuro prometedor " e tamén a reforma do balneario de Cortegada para o que xa hai compromiso de financiamiento público da Xunta e se anunciará unha importante inversión privada. Neste contexto convidou o presidente da Deputación ao alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome a ter "vontade" para liderar o impulso do termalismo na capital pedindo "que busque inversores e non lles poña obstáculos" e que "mellore paseos e zonas termais, abrindo tamén as que están aínda pechadas" coma é a piscina termal das Burgas.

O presidente da deputacion Luis Menor aproveitaba para ofrecer a auga das surxencias termais atopadas baixo o Pazo Provincial "a quen teña interese en explotalas" pero dando xa por desbotada "por razóns" técnicas a conversión do inmoble nun hotel termal de cinco estrelas, proxecto do seu antecesor Manuel Baltar.

Doutra banda o presidente da deputacion Luis Menor lembrou que ao vindeiro pleno da Deputación levarase unha moción para instar ao goberno central a incluir os tratamentos termais na carteira de servizos sanitarios

Mentres o chef Dani Guzmán agradecía en representación dos restaurantes "estrelas michelín" Ceibe, Miguel González e Nova a aposta da institución provincial vinculando termalismo e gastronomía que lles permitirá ofrecer tres xantares especiais entre martes e venres. Para Guzmán termalismo e gastronomía teñen en común a "cultura e a saude".