Talento e calidade conxúganse na Selección Galega Sub16 e Sub18 de Cros
Unha moi potente selección Galega de campo a través Sub16 e Sub18 acudirá esta fin de semana a Pamplona para tomar parte no Campionato de España de Campo a través xunto ao resto das Comunidades e Cidades autonónomas do Estado.
A este importante campionato, a nosa selección acude cun equipo moi competitivo ao que acuden unha boa parte desa nova e importante xeración de talentos que apuntan un futuro moi esperanzador e ilusionante no noso deporte.
Selección Sub18
A cabeza dos mesmo estará a internacional da Atlética Lucense Xela Martínez no equipo Sub18, quen aspira a reeditar o título individual de campioa de España logrado o ano pasado. A lucense está realizando unha gran tempada que a levaría fai unhas datas a lograr no Campionato do Mundo de Campo a través o posto vixésimo segundo entrando en meta como primeira europea. Máis recentemente proclamábase campioa de España de pista cuberta na proba dos 3.000 m. No mesmo equipo tamén estará defendendo os intereses galegos a subcampioa de España Sub16 nos 1.000 m. Amparo Corredoira; as medallistas do último galego de 3.000 m. Leyla Villar, Sara Guedes, e Sandra González así como a atleta do Lucus Estela Díaz.
Na categoría masculina Sub18 contaremos ca presenza do medallista de bronce do ano pasado Teo de Frutos quen ademáis colleitaba recentemente un novo bronce no campionato de España de pista cuberta na proba dos 3.000 m. Xunto a Teo estarán completando equipo o terceiro clasificado do galego de campo a través Sub18 Asheber Díaz; o cuarto clasificado no nacional dos 3.000 m. de pista cuberta Miguel Alvariño, o medallista galego de 3.000 m. Pepe Sánchez del Valle así como Iker Fernández de A Gándara e Anxo Bello da A.D.Fogar.
Selección Sub16
Na categoría Sub16 serán os talentosos atletas Alex Sierpes e Sabela Castelo quenes encabecen unha selección na que tamén conta con moitas opcións tanto no colectivo como no individual. A de Marín xa lograba este ano de maneira moi brillante proclamarse campioa galega Sub16 nos autonómicos de cros escolar e federado, completando esta tempada co título galego Sub16 nos 3.000 m. en pista cuberta. Igual balance para Alex Sierpes agás na pista cuberta, onde optaba polos 1.000 m. sobre os que lograba un importante récord galego con 2:34.59.
Completan o equipo masculino Sub16 o campión galego dos 3.000m. Roque González; os medallistas de campo a través e de pista cuberta Mario Lorenzo e Daniel Ameneiro, así como Gael Varela e Alejandro Santos.
Nas mulleres estará a subcampioa galega de cros Sabela Martínez, a subcampioa galega de 3.000 m. Paula Fernández, as irmáns Debris e Dameku Paniagua e Carmen Martínez.