La Librería

As suxerencias literarias 31-07-2024

As suxerencias literarias

Jesús Álvarez | Paco Sarria

ourense |

Comezamos o repaso semanal polas recomendacións literarias con de David Uclés.

Unha novela sobre a Guerra Civil Española en clave de realismo máxico. Unha historia sobre a descomposición total dunha familia, da deshumanización dun pobo, sobre a desintegración dun territorio e sobre unha península de casas baleiras. A seguinte proposta é (Homo sapiens en el entramado de la vida. Elementos para unha ética ecoloxista e animalista no seo dunha nova cultura da terra gaiana. Escrita por Jorge Riechman. O desenvolvemento de posicións morais do amor compasivo congruentes co que somos. (Ten pinta de sesudo…) Como terceira proposta unha obra do ourensán Xosé Manuel Pacho Blanco, , editado por Galaxia. Por que si hai algo que nos diferencia dos animais é a capacidade de soñar. De sermos mellores. Unha historia que pescuda na esencia do ser humán dende Galicia ata a India transitando por tódolos lugares que poidamos imaxinar. E por último, …(frase que acostumamos a temer no entorno familiar…).

Obra de Bárbara Montes.

Autora que di que si é perfecto, non é amor.

Imaxinemos a unha muller, cun matrimonio apacible e un fillo preadolescente e unha vida máis ou menos feliz ata que un bo día o marido lle pide permiso para deitarse con outra…