Deporte e ocio

Suspendida a edición 2021-2022 de Pazolandia

A Deputación de Ourense acordou suspender a edición 2021-2022 de Pazolandia tras analizar a actual situación sanitaria provocada pola covid-19, cuxa evolución desaconsella a organización de actividades multitudinarias en espazos pechados.

Óscar Gómez

Ourense | 30.11.2021 08:03

Suspendida a edición 2021-2022 de Pazolandia | onda cero

A Deputación de Ourense acordou suspender a edición 2021-2022 de Pazolandia, logo da reunión mantida polo presidente provincial, Manuel Baltar, e o asesor de Deportes, Bernardino González, na que analizaron a actual situación sanitaria provocada pola covid-19, cuxa evolución desaconsella a organización de actividades multitudinarias en espazos pechados.

pazolandia | onda cero

Manuel Baltar expresou o seu máis firme desexo de que o próximo ano “podamos abrir de novo o maior parque de atraccións de Galicia”, ao tempo que fixo “unha chamada á prudencia de toda a veciñanza ourensá nestes complexos momentos e ás portas dunhas festas moi familiares, pero tamén de enorme importancia para empresas e negocios”.

Cargando...