O luns 6 de setembro a Unión Deportiva Ourense celebrará as súas eleccións para conformar unha nova directiva despois da dimisión da presidida por Ramón Dacosta.
O candidato único a presidencia da UD Ourense é Fernando Currás (ex adestrador do primeiro equipo vermello) que está acompañado na súa candidatura por Carlos Quintairos, Xurxo González, Eloy José Fernández e Oscar Dorrego.
Fernando Currás, candidato a presidencia da UD Ourense
A asemblea celebrarase o luns día 6 de setembro na bancada de preferencia do campo de O Couto ás 20:00 horas en primeira convocatoria ou ás 20:30 en segunda convocatoria.
A asemblea de socios terá a oportunidade de proclamar (ou rexeitar) á candidatura encabezada por Fernando Currás cómo nova directiva do club.
Poden acudir a asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estén incluidos no censo electoral debendo presentar o DNI no acceso á mesma. Non cabe representación de voto na asemblea.
A asemblea realizarase con todas as medidas de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias.