A masa social do CD Arenteiro aprobou na noite do xoves 6 de febrero o inicio da conversión do club en Sociedade Anónima Deportiva (SAD) durante a Asemblea Extraordinaria celebrada no Auditorio Manuel María do Carballiño.
O presidente da entidade, Argimiro Marnotes, destacou na súa intervención que esta decisión representa “a mellor vía para asegurar que o Arenteiro siga competindo a nivel nacional con garantías”.
Subliñouse tamén que a transformación en SAD xorde do crecemento do club e das súas necesidades económicas. Así, o C.D. Arenteiro aproba a posibilidade de recibir achegas da masa social existente e terceiros, que serán transformadas en accións, en función do proxecto de conversión a presentar. Con esta decisión garántese un “pulmón económico” para o club, así coma a profesionalización da súa xestión, coa intención de asegurar un proxecto sostible para os próximos anos.
A maiores, para preservar a identidade do club e a súa viculación co Carballiño, estableceranse as seguintes cláusulas de protección da Sociedade Anónima Deportiva C.D. Arenteiro:
Na asemblea informouse tamén do estado no que se atopan no Concello do Carballiño os proxectos de posible ampliación do Estadio de Espiñedo e de posible construción dun novo Estadio na Uceira. Nesta liña, o CD Arenteiro busca consolidar o seu crecemento e manterse como un referente no fútbol galego e nacional, asegurando un proxecto ambicioso, sostible e el á súa identidade.