CONCELLO DE OURENSE

Os sindicatos piden a demisión de Jácome e este os acusa de "mala fe" coa convocatoria de folga

A folga convocada para os días 31 de Outubro (véspera de todolos santos) e 4 de Novembro tensa as relacións entre traballadores e alcalde de Ourense

Jesús Álvarez

Ourense |

Gonzalo Jácome | onda cero

A Xunta de Persoal do Concello de Ourense considera un éxito tanto a asemblea coma a concentración de traballadores municipais celebrada onte contra os ataques e a falta de diálogo do alcalde, Gonzalo Jácome ao que seguen reprochando os insultos e trato despectivo cara o persoal e os impagos de complementos recoñecidos por sentencia así coma a falta de solucións ás carencias de persoal, sen esquecer a problemática derivada da obriga de executar o plan de estabilización laboral.

O delegado de CCOO no Concello de Ourense Manuel Pérez sinalaba que "está claro que sobran motivos para pedir a demisión de Jácome" e instaba aos partidos políticos a "entenderse" para que o rexedor non siga máis tempo no cargo. Tamén pedía aos cidadáns que saiban entender as xornadas de folga convocadas para o 31 de Outubro (véspera de todolos santos) e o dia 4 de Novembro, sinalando que o fan "porque o alcalde está claro que despreza aos cidadáns por non atender as necesidades sociais do municipio creendo que abonda cunhas escaleiras mecánicas e sen atender tampouco as necesidades dos seus traballadores aos que acosa, non paga nen atende en cuestións de saúde porque non resolve os problemas de radón ou climatización das dependencias municipais".

E mentres o rexedor volvía a utilizar as redes sociais para calificalos coma “jetas” e nun comunicado acusaba aos sindicatos de "mala fe e picaresca" por elexir días tan sinalados coma o 31 de outubro (véspera de todolos santos e visita a cemiterios) ou o 4 de Novembro. Sinala o rexedor que "así amplían unha ponte festiva ou enlazan cunha fin de semana". Pero ademáis incide Jácome en que "xa o 31 por convenio a metade do persoal non traballa e a outra metade non traballa o 4 de novembro co que o que non esté de vacacións según o rexedor cun só día de folga paralizan dous o concello. Tamén di jacome que en realidade "só perderán un día de soldo" e que ao ser dias nos que media plantilla está de vacacións "parecerá que o seguemento da folga é moito maior". Engade o alcalde que na convocatoria da folga hai unha "cuarta maldade por parte dos sindicatos que intentan que a folga afecte a un día clave porque o 31 é a xornada dos preparativos do día grande dos cemiterios que é o 1 de novembro, coa finalidade de que ese parón do 100% o noten os cidadáns nas suas visitas aos camposantos municipais.

Dende sindicato CCOO negan que haxa "picarescas" e piden a Jácome que "non intente enganar aos cidadáns" sinalando que o concello realmente estará paralizado 4 días e insisten en que a actitude do rexedor cos funcionarios é "inxustificable" e que "actúa coma un neno pequeno frustrado porque nunca puido ser funcionario coma quería".

Pola sua banda, a Xunta de persoal (formada polos sindicatos cig, ccoo, csif, uxt e sindicato profesional de policia municipal) emitíu un comunicado no que o presidente do colectivo, Javier Novoa acusa a Jácome de "traspasar todas as liñas de maltrato contra o persoal" e sinala que "o único que ten mala fé é o rexedor que é ademáis o responsable de que haxa unha folga".

Dende o ámbito politico o Grupo Municipal do Psoe tamén condeaba os "ataques aos dereitos constitucionais e pedía o cese das difamacións diarias" contra os traballadores municipais.